• Inicio
  • Noticias
  • Medidas para prevenir el contagio del Covid-19 en el transporte de viajeros

Noticias

Medidas para prevenir el contagio del Covid-19 en el transporte de viajeros

Mediante la Orden de la Conselleria de Sanidad, del 26 de enero de 2021, publicada en el DOG, se modifican las medidas a implementar en los servicios de transporte de viajeros para prevenir el contagio del COVID-19.

1. 3.18. Transportes.

2. 1. As condicións de capacidade dos vehículos e embarcacións que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, isto é, o transporte en autobús –de carácter interurbano e urbano, sexa de uso xeral, de uso especial ou discrecional– e o transporte marítimo en augas interiores, quedan establecidas do seguinte modo:

3. a) Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos, poderase ocupar a totalidade dos asentos. Deberase manter a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.

4. b) Nos vehículos e embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé, procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establécese como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé.

5. 2. Como medidas adicionais aplicables aos modos de transporte establécense as seguintes:

6. a) Durante toda a duración do traxecto, cando esta sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos no interior dos vehículos ou embarcacións e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo ou embarcación.

7. b) Na prestación de servizos colectivos regulares de transporte de viaxeiros de carácter interurbano, de uso xeral, cando non estean autorizadas prazas de pé, e na prestación de calquera servizo de transporte marítimo en augas interiores da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto de transporte de que se trate e do vehículo ou embarcación que o preste.

8. Igualmente, todos os anteriores vehículos e embarcacións deberán ter numerados os seus asentos de forma clara e visible para as persoas usuarias.

9. Naqueles servizos respecto dos cales non haxa unha asignación previa de asento, recoméndaselles ás persoas viaxeiras que anoten no seu billete o número de asento que ocupen e que o conserven durante os 14 días posteriores ao da viaxe.

10. c) As empresas concesionarias procuraran a máxima ventilación do vehículo, sen recirculación do aire, mantendo as fiestras abertas sempre que non se produzan correntes de aire.

11. Para tal efecto, os vehículos que realicen varias viaxes en diferentes quendas horarias deberán proceder á ventilación deste antes de cada quenda e, sempre que fose posible, á súa limpeza e desinfección. En todo caso, realizarase como mínimo unha limpeza diaria, empregando produtos e procedementos previstos no plan de limpeza e desinfección.

12. d) Tanto as empresas concesionarias coma as persoas usuarias observarán en todo momento as medidas de protección, e o uso da máscara, e as demais medidas de prevención, evitando condutas como levantarse, interactuar, berrar, compartir obxectos, tocar superficies comúns, ou outras condutas que poidan xerar risco de contaxio ou transmisión.

13. 3. Está permitido o desprazamento nun vehículo particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan acudir a centros de ensino.

14. Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por fila de asentos, e deberán usar todas máscara.

15. 4. No caso de taxis, non poderá utilizarse o asento dianteiro, e non poderán desprazarse nun mesmo vehículo persoas que non sexan conviventes. O uso de máscara é obrigatorio.

Contacto

Quinta Avenida, 64 Parc. E-16
Polígono Industrial Pocomaco
15.190 A Coruna ES
Telf.: +34 981 33 00 46

Síguenos en



Arriva