Tarxeta estudante
Informámoslle de que todos aqueles usuarios que teñan tarxeta de desconto Arriva e que, debido á crise do Covid-19, non puideron empregar as viaxes, poden descargar a SOLICITUDE DEVOLUCIÓN VIAXES EXPIRADOS POR COVID-19.
Características
Levan incorporado o documento fotográfico e o nome e apelidos.
Só pode ser utilizada exclusivamente polo titular da mesma.
Non se pode adquirir máis dunha viaxe en cada expedición.
Bonificación
Con esta tarxeta tense dereito á seguinte bonificación:
- Bono 30 viaxes, bonificado cun 35%
- Bono 60 viaxes, bonificado cun 50%
- Recarga 10 viaxes, este bono poderase cargar unicamente cando xa se realizou unha recarga previa de 30 ou 60 viaxes no curso actual; nunca poderá cargarse antes de realizar unha carga anterior. Terá o mesmo desconto que o bono cargado previamente, só se poderá cargar en despacho de boletos.
Período de validez:
Liñas regulares, de setembro do 2019 a agosto de 2020 (incluídos) **
Servizos especiais, do 9 de setembro ao 15 de maio (incluídos)
Este bono pódeo utilizar calquera estudante, previa xustificación correspondente.
Importante!: a tarxeta da universidade non ten validez por si soa, debéndose acreditar os estudos no curso académico actual